publicidade hoxe

Cancélase o concurso de bandas “Centolo Rock”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

A convocatoria do concurso de bandas “Centolo Rock” incluída nas XIII Xornadas da Centola non tivo a repercusión agardada e só dous grupos se inscribiron para participar. Deste xeito, considerouse necesario cancelar a súa celebración e poñerase en marcha unha revisión das bases para mellorar esta proposta de cara ao ano próximo. Segundo as conversas mantidas con persoas vencelladas ao mundo da música, a contía proposta para o premio (300 euros) non resultaba o suficientemente atractiva sen ben, dende o Concello, era imposible aportar máis fondos este ano debido ao limitado do orzamento das Xornadas. Deste xeito, de cara o ano próximo farase unha previsión máis adecuada para poder mellorar neste aspecto e facer unha previsión do evento máis anticipada.

2 de decembro de 2015 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.