publicidade hoxe

Cambre recupera a figura do Apalpador

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O Concello  de Cambre a través  da Concellería de Cultura e Tradicións Populares organiza este nadal a visita do Apalpador co obxectivo de dinamizar as parroquias rurais e os núcleos urbanos. Coa intención de recuperar as tradicións galegas,  este Nadal achegarase a cada centro social unha actividade para os nenos entre 0 e 8 anos.  Para o desenvolvemento do evento é fundamental a implicación e o apoio das asociacións  de cada unha das parroquias. A actividade desenvolvese por medio dun contacontos que interpretará unha personaxe da mitoloxía  galega  que se preocupaba da alimentación dos nenos e nenas, O Apalpador, que no seu día perdeu protagonismo a favor de Papa Noel, grazas a sociedade de consumo.

O Apalpador comeza a súa ruta por Cambre o día 23 de decembro a Barcala, Anceis e Andeiro, continua  o luns 28 visitando as parroquias de Cambre, San Lourenzo e Santa María de Vigo. O día 29 percorrerá  Sigras, Bribes e Brexo. Finaliza  as súas visas visitas a Cambre o día 29 en Cecebre,  Pravio e  no Temple. O  concelleiro de Cultura e Tradicións Populares, Ramón Boga, asegura que unha das súas responsabilidades é recuperar as tradicións populares “e o apalpador é unha delas”. 

16 de decembro de 2015 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.