publicidade hoxe

Cambre asina un convenio coa Asociación de Empresarios para a dinamización do tecido económico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, e o presidente da Asociación de Empresarios de Cambre (AEC), José Antonio Baamonde, asinaron hoxe o convenio de colaboración polo cal se pon en marcha varias accións de dinamización económica ao longo do ano no municipio. Grazas a este convenio a AEC pode levar a cabo, en colaboración co concello, eventos como a feira de Comercio e Artesanía en época estival, a campaña do Día da Nai, o Samain templario, o Amorne Stock ou a campaña do Nadal de comercio. O Concello outorgoulle unha subvención nominativa de 18.000 para a realización destas accións de dinamización comercial e promoción económica.  Todas as actividades que desenvolve esta asociación levan a cabo conxuntamente  co concello para lograr a maior promoción posible do  tecido empresarial do municipio. “Este convenio xa estaba pactado polo anterior executivo local para a realización de accións en 2015 e debemos asinalo. Modificaremos no futuro algún destes eventos comerciais para darlle un maior impulso ao noso comercio e aos nosos empresarios”, indicou o alcalde.

1 de decembro de 2015 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.