publicidade hoxe

Cabanas celebra o tradicional Concerto de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Aproveitando estas festas de Nadal e coa idea de facilitar os veciños e veciñas do municipio diferentes propostas coas que encher o tempo de lecer, o Concello de Cabanas ten esta fin de semana o tradicional Concerto de Nadal.

A cita será o sábado 19. O Salón de Plenos do Concello de Cabanas volverá a servir de escenario para o concerto levado a cabo polos integrantes da Escola de Música Municipal e a Asociación de Amas de Casa de Santa Marta. A hora de comezo do concerto será ás 18:30 horas. A entrada para as dúas actuacións é gratuíta.

18 de decembro de 2015 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.