publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Buscan en Portugal a unha rapaza de 15 anos desaparecida en Xinzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosXinzo de Limia
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil alertou da desaparición dunha adolescente de 15 anos de Xinzo de Limia (Ourese), da que non se sabe nada dende o pasado venres e que podería estar en Portugal.

Segundo os últimos datos, Nicole Fernández podería atoparse en Portugal en compañía de dous homes maiores ca ela, tal e como explicaron fontes próximas á investigación. A moza foi vista por última vez o venres en Xinzo, o mesmo día no que un taxista di levala a ela e a outros dous mozos a un pobo portugués chamado Segirei, próximo a Vilardevós (Ourense).

Segundo estas mesmas fontes, o taxista dixo aos investigadores que a desaparecida subiu ao taxi onde xa estaban os dous homes e que ao final da viaxe repartiron os gastos, se ben ela non puido poñer toda a súa parte porque non tiña suficiente diñeiro. Unha vez nesta localidade, o taxista afirma que subiron a un vehículo vermello.

Familiares e amigos dos pais de Nicole Fernández iniciaron unha campaña en redes sociais para atopar datos que poidan complementar a investigación aberta pola Garda Civil. A preocupación chegou tamén ata a localidade portuguesa de Chaves, onde os xornais locais se sumaron á busca.

A familia da adolescente non sabe nada dela dende que o pasado venres saíu de casa para ir ao instituto. Informacións do seu ámbito de amigos aseguraban vela sobre as 16,00 horas dese día nun ciber en compañía dun novo duns 20 anos.

Cando desapareceu, a moza levaba un xersei negro, mallas con listas laranxas e unhas zapatillas deportivas de cor morada.

22 de decembro de 2015 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.