publicidade hoxe

Activo un incendio forestal rexistrado na parroquia de Ribeiras do Sor en Mañón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMañónSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo no concello coruñés de Mañón, parroquia de Ribeiras do Sor. O lume iniciouse onte ás 23:28 horas da noite e permanece activo. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada sitúase arredor das 20 hectáreas. No seu control levan traballado 1 técnico, 5 axentes forestais, 6 brigadas e 1 motobomba.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

17 de decembro de 2015 | 10:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.