publicidade hoxe

Ábrese o prazo de inscrición nas “Escolas de Actividade Física e Saúde 2016” de Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

Do 9 ao 19 de decembro ábrese o prazo de inscrición nas “Escolas de Actividade Física e Saúde 2016” do Concello de Cambre. O programa, que comeza a partires do 8 de xaneiro, seguirá contando cun amplo abano de actividades deportivas coas que se pretende cubrir as necesidades e demandas dos diferentes grupos de idade, promocionar a práctica de determinadas modalidades minoritarias e facilitar outras de difícil acceso para a maior parte da poboación.Entre as actividades destacan o Aerobic, relajación, tenis, equitación, ioga e o judo.

A inscrición debe realizarse nos rexistros municipais, e a selección final dos participantes será por sorteo naquelas actividades nas que o número de inscritos sexa maior que o número de prazas ofertadas.

14 de decembro de 2015 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.