Aberto o prazo de inscrición da San Silvestre Solidaria Salvaterra – Monçao
Hoxe reuníronse as dúas Cámaras para facer a presentación oficial da San Silvestre Solidaria Salvaterra – Moçao 2015. Unha actividade que se enmarca dentro da programación de Nadal e das diferentes actividades que se están promovendo dentro da Eurocidade Salvaterra – Monçao. Nesta presentación, estiveron os dous Tenentes de Alcalde, Paulo Jorge M- Esteves e Marta Valcárcel Gómez, xunto co Concelleiro de Deportes de Salvaterra, Ernesto Groba, e a responsable de deportes de Monçao Magda Sofia Pinto.
5km que discorreran entre os dous cascos urbanos. Este ano a saída será dende a Praza do Concello de Salvaterra, ás 19.00h, percorrera parte das rúas da Vila, cruzarase a Ponte Internacional e rematarase na Praça de Deu-La-Deu de Monçao. As inscricións estarán abertas ata o día 23, a través do mail telefonista@concellodesalvaterra.org ou no 986 658 082. Tamén se poderá inscribir antes de empezar a carreira. Os primeiros inscritos serán agasallados cun gorro de Papa Noel e cada participante deberá traer algún tipo de alimento non perecedoiro que irá destinado ao Banco de Alimentos Municipal.