publicidade hoxe

A Xunta destaca en Cambados a aposta de Svenska Bearing pola innovación como clave do seus avances en internacionalización

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+

O director do Igape, Javier Aguilera Navarro, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, salientaron hoxe en Cambados a aposta de Svenska Bearing pola innovación como unha das claves do seu constante avance cara a mercados exteriores.

Svenska Bearing é unha empresa especializada en fabricación e recuperación de pezas para sectores como o naval, a construción ou a automoción. A compañía tudense exporta a práctica totalidade da súa produción, especialmente cara a mercados de Centroeuropa, norte de Europa e Asia.

Durante a súa visita ás instalacións de Svenska Bearing no polígono industrial Sete Pías, Aguilera Navarro recoñeceu o compromiso da compañía cos investimentos orientados a manter unha constante mellora dos seus procesos e produtos, un dos obxectivos que busca a Xunta, a través de Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0. que se está a desenvolver.

Tanto o director do Igape como o delegado territorial da Xunta en Pontevedra coincidiron en recoñecer a crecente diversificación produtiva da empresa como una das claves do éxito de Svenska Bearing, ao tempo que salientaron o amplo abano de servizos e apoios que ofrece a Xunta para apoiar os investimentos, a innovación, a mellora da competitividade e a internacionalización das empresas que operan en Galicia.

14 de decembro de 2015 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.