publicidade hoxe

A rede de sumidoiros en Cabovilaño refórzase coa construción dunha estación de bombeo na Telleira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha vén de construír unha estación de bombeo de augas residuais (EBAR) no lugar de A Telleira, na entrada á parroquia de Cabovilaño desde o casco urbano da Laracha e a carón da estrada AC-552.

O obxectivo desta actuación é crear a infraestrutura necesaria para dirixir as augas fecais que se recollen nesta zona cara a rede de sumidoiros principal do Concello, que finaliza na estación depuradora (EDAR) de O Formigueiro para o seu tratamento.

Deste xeito reforzarase o servizo municipal de alcantarillado en Cabovilaño e será eliminada a pequena estación depuradora existente na actualidade no lugar de A Telleira, evitándose así calquera posibilidade de que se xeren puntos de verquido cara os regos e regatos da zona.

18 de decembro de 2015 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.