publicidade hoxe

A mala combustión dunha cociña sería a causa do lume que queimou unha casa en Vilalba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilalba
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Vilalba (Lugo), Gerardo Criado, confirmou que posiblemente unha “mala combustión” da “cociña económica” de leña puido ser a causa do incendio que calcinou unha casa na que foron achados restos humanos queimados na parroquia de San Simón, no barrio da Ribeira, na que vivían tres membros dunha mesma familia.

Así, comentou que “todo apunta” a que os tres residentes, un matrimonio de octoxenarios e unha filla de mediana idade, faleceron no incendio. De feito, confirmou que os Bombeiros de Vilalba acharon restos humanos entre os cascallos no marco dun “traballo laborioso”.

De feito, o rexedor comentou que a mala combustión da cociña de leña que había na vivenda podería ser a causa do incendio, pero precisou que será a investigación aberta a que confirme a orixe do lume.

Respecto diso, o rexedor sinalou que se trata “dunha casa do rural” que estaba reformada, pero manifestou que, coa chegada do frío, a falta de limpeza ou mantemento das instalacións pode causar incidentes deste tipo.

OS VECIÑOS AVISARON

“Están aquí o forense, a autoridade xudicial, os bombeiros e van aparecendo nos rebos restos humanos”, destacou o alcalde, que estimou que “a cheminea plantou (lume) na madeira do piso e estendeuse por todo o inmoble.

Foron os propios veciños os que deron a voz de alarma por este incendio na casa na que vivía o matrimonio de octoxenarios e a súa filla de mediana idade aos que se apunta que corresponden os restos achados no interior da vivenda, xa que se presume que estaban no interior e non foron localizados noutro lugar.

1 de decembro de 2015 | 12:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.