publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Garda Civil detén a un mozo en Boiro acusado de traficar droga preto dun centro escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Axentes da Garda Civil detiveron esta semana en Boiro (A Coruña) a un menor de 17 anos como suposto autor dun delito de tráfico de drogas. Segundo os axentes, o mozo vendía as sustancias nas inmediacións dun centro escolar e, de feito, foi interceptado cando saía do recinto.

Na mochila que levaba o menor no momento da súa detención, os axentes descubriron unha báscula electrónica dixital con restos de haxix na súa bandexa de pesada. Ademais deste obxecto, tamén se incautaron de varias bolsas plásticas que contiñan haxix, aproximadamente 12 doses.

O centro escolar colaborou en todo momento cos axentes na resolución do caso, no marco do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas contornas.

18 de decembro de 2015 | 10:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.