publicidade hoxe

A exposición Raíces da nosa terra amplíase ata finais de decembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

O artista de Bueu Tino Resille expón no Ateneo Santa Cecilia de Marín unha vintena de pezas de madeira agrupadas baixo o lema “Raíces da nosa terra: imaxinade”. Trátase de raíces de varias especies de árbores -principalmente castiñeiro, salgueiro e eucalipto, entre outras- que o escultor recolle dos montes e das praias e nas que logo traballa, reinterpretando a súa forma natural, transformando “a natureza morta e esquecida que un día foi viva e esplendorosa”, explica Resille.

Por outra parte, o Ateneo Santa Cecilia acollerá este sábado ás 18:00 horas a entrega de premios dos concursos escolares de contos e de debuxos e postais de Nadal, organizados en colaboración co Concello de Marín. Presentáronse preto de 250 traballos nas dúas modalidades -literaria e plástica- procedentes da meirande parte de centros educativos da vila, maiormente dos colexios Sequelo, Inmaculada e do instituto Mestre Landín.

16 de decembro de 2015 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.