publicidade hoxe

A escritora orosá Estela Suárez e o ilustrador Héitor Picallo presentan hoxe en Sigüeiro o conto “Non quero xogar ás agachadas coa lúa”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+
Estela Suárez

Estela Suárez

O centro cultural de Sigüeiro acollerá hoxe venres 18 de decembro, ás 20:00 horas, a presentación do conto infantil “Non quero xogar ás agachadas coa lúa”, obra da escritora orosá Estela Suárez Recouso e do ilustrador Héitor Picallo Fuentes. A presentación será aberta ao público e os dous autores estarán acompañados polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás; polo escritor e profesor Miro Villar e polo responsable de Edicións Fervenza, Manuel Núñez. O cantautor Manoele de Felisa interpretará diversas cancións infantís para o público asistente.

“Non quero xogar ás agachadas coa lúa” é un conto infantil publicado por Edicións Fervenza, que conta coa colaboración do Concello de Oroso. Estela Suárez, licenciada en Filoloxía Galega e que na actualidade está estudando Pedagoxía, é natural de Oroso, onde en 199 gañou o seu primeiro certame literario. Entre os últimos recoñecementos recibidos atópase o primeiro premio á mellor curta no V Certame de Curtas para Rosalía da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ASPG) e o segundo premio do III Concurso de Curtametraxes “E ti que ves?”, de Adega; ambos no 2015.

18 de decembro de 2015 | 11:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.