publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación e sete concellos pontevedreses abordan propostas de actuación para incluír no proxecto Hydrothermas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisCatoiraCuntisMondariz-BalnearioO GrovePontevedraTuiVila de Cruces
A-
A+

Co obxectivo de preparar a convocatoria para a presentación do proxecto “Hydrothermas, vilas termais de Pontevedra” (no marco do POCTEP, Programa de Cooperación de Interreg-V España-Portugal, e cun prazo de inscrición que remata o vindeiro 18 de decembro), mañá xoves, ás 11:00 horas, os alcaldes de Tui, O Grove, Mondariz-Balneario, Vila de Cruces, Cuntis, Catoira e Caldas de Reis reuniranse na Deputación de Pontevedra co deputado delegado de Cooperación, David Regades.

Tras un primeiro encontro para preparar a documentación destinada ao proxecto, esta segunda reunión servirá para abordar propostas de actuación concretas que se enmarcarán no proxecto europeo “Hydrothermas, vilas termais de Pontevedra”. Para iso, os alcaldes e representantes da Deputación exporán as liñas de actuación que consideren necesarias para este proxecto, que ten como obxectivo o impulso do termalismo, tendo en conta que Pontevedra é a provincia española con máis recursos termais de España.

Ademais dos sete concellos da provincia e a Deputación de Pontevedra, participan neste proxecto as cámaras municipais portuguesas de Vileda, Penafiel e Guimarães, así como a Universidade de Vigo e a de Minho.

9 de decembro de 2015 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.