publicidade hoxe

A brigada municipal remata a entrada superior da Praza de Abastos do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Instalación da cancela

Instalación da cancela

Os operarios municipais remataron na xornada deste venres a entrada da parte superio da Praza de Abastos, colocando una porta metálica xunto na entrada por la rúa Ana Mogas Fontcuberta. Deste xeito os responsables municipais evitan que ese pasillo superior quede aberto, principalmente polas noites.

Cabe lembrar que hai poucas semanas finalizaron as obras de mellora e embelecemento da Praza de Abastos, nas que se incluía precisamente ese pasillo superior, que quedopu completamente enlousado, e ca parede lateral cuberta, así como o novo teito de todo o tramo.

Todas estas obras, incluida a realizada pola brigada municipal, pretenden impulsar este centro de comercio carballiñés. No mesmo sentido o concello iniciou xa una campaña para encher os postos de venta que neste intre non teñen actividade comercial.

18 de decembro de 2015 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.