publicidade hoxe

A bióloga Aida Fernández Ríos é unha das falecidas no atropelo de Moaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMoaña
A-
A+
Europa Press

A bióloga do CSIC en Galicia Aida Fernández Ríos, de 68 anos, é unha das vítimas mortais do atropelo acontecido na noite deste martes na localidade pontevedresa de Moaña e no que tamén resultou falecida unha muller de 69 anos.

Recoñecida investigadora, Aida Fernández desenvolvía o seu labor no Instituto de Investigacións Mariñas que o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) ten en Vigo, un organismo que, ademais, dirixiu entre 2006 e 2011.

Cunha ampla carreira investigadora, Fernández Ríos era doutora en Bioloxía pola Universidade de Santiago e unha das maiores expertas europeas sobre a acidificación do mar a causa da deposición de dióxido de carbono nos océanos procedente da atmosfera.

O pasado mes de xuño, a bióloga converteuse na terceira muller en ingresar na Real Academia Galega de Ciencias en menos dun ano.

O dobre atropelo mortal rexistrouse pasadas as 21.00 horas deste martes na PO-551, na localidade pontevedresa de Moaña, e nel resultaron falecidas Aida Fernández Ríos e a muller que a acompañaba.

23 de decembro de 2015 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.