publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Audiencia remite a un xulgado do Carballiño o caso de Pachi Vázquez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO CarballiñoPortada esquerda
A-
A+
Europa Press

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense decidiu remitir a un xulgado do Carballiño a causa aberta contra Pachi Vázquez por un delito de prevaricación continuada en relación ao suposto enchufe de 37 traballadores cando o socialista era alcalde deste municipio ourensano.

Deste modo, a Audiencia Provincial emitiu un auto, con data de 21 de decembro, no que no que ordena revogar o auto de conclusión do TSXG e remitir o caso a un xulgado do Carballiño para “a súa tramitación ordinaria”.

A causa do exdeputado e exsecretario xeral do PSdeG Pachi Vázquez foi remitida á Audiencia Provincial de Ourense -despois da súa renuncia como parlamentario na Cámara autonómica-, tras declarar o TSXG a súa falta de competencia da sala para o coñecemento da presente causa.

Contra esta resolución cabe recurso de súplica no prazo de tres días, que debe ser interposta ante a Audiencia Provincial de Ourense no prazo de tres días.

O XULGADO DEBERÁ DECIDIR SOBRE A SÚA CONCLUSIÓN O NOVAS DILIXENCIAS

O exsecretario xeral do PSdeG, exconselleiro de Medio co bipartito e exalcalde do Carballiño (Ourense), Pachi Vázquez, renunciou ao seu escano no Parlamento galego o pasado mes de maio, de forma que deixaba de ser aforado.

Previamente, o 27 de abril o instrutor do TSXG declarara “concluso” o sumario sobre a investigación por un suposto delito de prevaricación continuada, que agora revoga a Audiencia Provincial, tal e como pedía a defensa de Pachi Vázquez.

De tal forma, a Audiencia Provincial remarca nos fundamentos de dereito que “o órgano competente para decidir sobre a conclusión da instrución, acordar a práctica de novas dilixencias e instrución” ou outras cuestións establecidas na Lei de axuizamento criminal “corresponde” ao xulgado de instrución, neste caso do Carballiño.

Así mesmo, a defensa de Vázquez reclama adecuar o caso aos trámites do procedemento abreviado en vez do procedemento de sumario. Sobre esta cuestión, nos razoamentos xurídicos do auto do 21 de decembro, a Audiencia Provincial di “carecer de competencia” para “pronunciarse sobre a adecuación do procedemento aos trámites do procedemento abreviado”.

Tampouco considera a sala “a procedencia” de pronunciarse sobre a petición da defensa de Pachi Vázquez para a acumulación de dúas querelas “partindo de feitos semellantes”, polo que empraza a que a leve o xulgado do Carballiño para que dirima esa cuestión.

21 de decembro de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.