publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xunta e Concello de Mondoñedo abordan novas vías de colaboración en materia de rehabilitación e vivenda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondoñedo
A-
A+

A Xunta e o Concello de Mondoñedo abordan novas vías de colaboración en materia de rehabilitación e vivenda. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda mantivo hoxe unha reunión de traballo coa alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, para tratar temas de especial interese para o municipio.

Nesta xuntanza avaliouse a petición do concello mediante a que se solicita un proceso de venda do inmoble ubicado na rúa Muíños, xa que hai varias persoas interesadas na súa adquisición.

Este encontro xirou arredor da vivenda e de distintos proxectos de rehabilitación no Barrio dos Muíños. Neste barrio de Mondoñedo, actualmente o Instituto Galego da Vivenda e Solo é propietario de dous edificios para os que cales comezou a redacción do proxecto básico de rehabilitación.

A conselleira de Infraestruturas e a alcaldesa de Mondoñedo tamén analizaron a posibilidade de que unha parcela que o IGVS ten na Rúa Matadero, cara ás aforas xa do barrio, poida ser cedida gratuitamente ao concello para que este lle dea o uso que este considere oportuno.

Mondoñedo conta con dúas áreas de rehabilitación integral: a do Casco histórico e os barrios de San Lázaro e Os Muíños, declarada en abril de 1998; e tamén está incluído na área de rehabilitación dos Camiños de Santiago. Nesta sentido, nesta reunión revisouse o contido dos dous convenios que a Xunta, o Ministerio de Fomento e o Concello de Mondoñedo asinaron recentemente.

Por outra parte, xa no eido das estradas, tamén se trataron o ensanche e acondicionamento de firme que a Axencia Galega de Infraestruturas está a levar a cabo na LU-124, que enlaza Mondoñedo coa A-8.

9 de novembro de 2015 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.