publicidade hoxe

Xosé Vizoso presenta na Casa da Cultura de Lousame unha selección de carteis anunciadores feitos durante os últimos 44 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

Xosé Vizoso presentará mañá venres 6 de novembro, ás 20:30 horas, unha exposición que recolle unha selección dos seus mellores e máis significativos carteis realizados entre 1970 e 2014. O artista mindoniense afincado en Brión será presentado polo pintor local José Luís Veiras Manteiga e pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde.

A exposición recolle unha selección dos mellores carteis realizados por Xosé Vizoso nestes últimos 44 anos. Auténticas obras de arte que ilustran prestixiosas festas como as San Lucas (Mondoñedo), Santa Minia (Brión), a Coca (Redondela) ou o entroido de Foz. Uns carteis que van moito máis aló do seu uso informativo, senón que son auténticas pezas artísticas. Unha exposición que poderá visitarse na Casa da Cultura de Lousame ata o 9 de novembro.

Xosé Vizoso (Mondoñedo,1950) entrou a traballar en Sargadalos con tan só dezaoito anos, baixo o maxisterio de Isaac Díaz Pardo. El é o responsable de gran parte dos deseños da cerámica Sargadelos, ademais de deseñar centos de libros e ilustrar moitos deles. Ademais de pintar grandes murais, é autor de máis dun cento de carteis de festas, congresos, etc. 

5 de novembro de 2015 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.