publicidade hoxe

Xián Silva e Pablo Fernández participarán no Europeo sub 21 en Romanía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Xián Silva (-80, Mace Sport) e Pablo Fernández Eiras (-87, Mat´s) disputarán esta fin de semana o Campionato de Europa sub 21, que se está a disputar en Romanía coa participación de case 300 deportistas. Os galegos viaxaron onte en dirección a Bucarest xunto ao resto do equipo español.

O primeiro en competir será o pontevedrés Xián Silva (-80 quilogramos, Mace Sport) o día 21 de novembro. O pontevedrés xa conta cun importante curriculum a pesar da súa idade: Prata no Europeo júnior 2013 e presea do mesmo metal no Europeo sub 21 2014. O deportista estivo preparándose nos últimos meses para este campionato, pero unha lesión obrigoulle a parar as últimas semanas. Pese a todo, competirá en Romanía, nunha cita que lle fai moita ilusión. Ao día seguinte (22 de novembro) sairá ao tapiz Pablo Fernández (-87 quilogramos, Mat´s). O deportista debutou o pasado ano nunha proba internacional, precisamente tamén no Europeo desta categoría. No 2014 caeu na primeira rolda, pero agora con máis experiencia espera facer un bo campionato.

O Europeo sub 21, que celebra a súa sexta edición, comezou a súa historia en Vigo no ano 2009. Este torneo foi unha iniciativa promovida pola Federación Galega de Taekwondo a través da Española, xa que se consideraba moi importante a existencia dun paso previa entre os júnior e os sénior. O Europeo de Romanía reunirá a 290 deportistas de toda Europa nacidos entre os anos 1995 e 1999.

19 de novembro de 2015 | 11:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.