publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un sesaxenario foi rescatado tras caer ao mar co seu coche no Vicedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO VicedoPortada dereitaRiveiraSucesosVila de Cruces
A-
A+
Europa Press

Un home duns 60 anos de idade foi rescatado este luns tras caer á auga co vehículo que conducía no porto do municipio lucense do Vicedo. Diso informou o 112, que detallou que o suceso tivo lugar pouco despois das 18,00 horas e que o home houbo de ser “atendido e evacuado” polos servizos de urxencias sanitarias. Pola súa parte, persoal de Salvamento Marítimo, Portos de Galicia e Gardacostas acudiron a recuperar o vehículo, “totalmente mergullado”.

Así mesmo, na tarde deste luns producíronse senllos accidentes de tractor en Riveira (A Coruña) e Vila de Cruces (Pontevedra).

O primeiro deles sucedeu sobre as 17,35 horas en Palmeira, xusto no límite entre Riveira e A Pobra do Caramiñal, onde chocaron un coche e un tractor. Malia o impacto, segundo o 112, os dous condutores -que recibiron asistencia sanitaria- estaban “liberados e accesibles”.

Apenas 10 minutos máis tarde, un tractor envorcou cando o seu dono traballaba nun terreo, pero o ferido quedou “perfectamente liberado” e unicamente presentaba danos nun pé e dor no peito.

Adicionalmente, un operario tivo que ser trasladado ao hospital da Coruña tras caerlle enriba unha árbore en Cesuras, no piñeiral de Trasanquelos. Aconteceu pouco antes das 15,00 horas e tamén neste caso o ferido estaba “totalmente liberado”, segundo o 112.

9 de novembro de 2015 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.