publicidade hoxe

Un proxecto Intercentros reúne a alumnos cangueses e compañeiros de colexios de Girona e Toledo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Esta mañá, o alcalde de Cangas, Xosé M. Pazos, e o concelleiro de Ensino, Xoán C.Chillón, recibían a case un centenar de alumnos e alumnas procedentes do CEIP A Rúa (Cangas), CEIP Santa Marina (Magán, Toledo) e A Escola de Bordíls (Girona). O proxecto intercentros convocado polo Ministerio de Educación e Cultura, reúne a estes tres colexios dende o pasado xaneiro ata fins de decembro de 2015 co fin de mellorar a súa aprendizaxe en materia de comunicación audiovisual. Este proxecto, ao que bautizaron como “Piensa, crea…¡acción!” consiste en facer chegar aos rapaces o emprego de recursos, tanto de medios audiovisuais como TICs, para coñecer estes novos medios así como aprender o seu uso e funcionamento. Ademais, durante o ano mantiveron varias convivencias e crearon, conxuntamente, documentais, pezas audiovisuais e diversos proxectos.

12 de novembro de 2015 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.