publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un operario ferido tras caer por un terraplén coa máquina que manexaba no Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO GrovePortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un operario resultou ferido tras quedar atrapado debaixo dunha máquina que manexaba ao caer por un terraplén no Monte Siradella no municipio do Grove (Pontevedra). Os feitos tiveron lugar sobre as 22,30 horas do mércores cando un varón caeu por un terraplén coa máquina que traballaba e quedou atrapado, segundo informou o 112 Galicia.

Foron efectivos de Protección Civil do Grove os que liberaron o operario de debaixo da máquina. Tamén foron alertados os Bombeiros de Ribadumia e Protección Civil de Sanxenxo.

Ao lugar, segundo indicaron fontes sanitarias, o 061 desprazou un médico do Punto de Atención Continuada da zona e unha ambulancia asistencial que levou ao varón ferido, A.S.A., de 26 anos, ao Hospital Domínguez.

5 de novembro de 2015 | 10:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.