publicidade hoxe

Tastarabás Teatro e Teatro Carauta abren a XII Mostra de Teatro Afeccionado Concello de Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLousame
A-
A+

A Concellería de Cultura de Lousame, en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza a XII Mostra de Teatro Afeccionado Concello de Lousame, que este ano reunirá a catro compañías: Tastarabás, Teatro Carauta, Verdeveras Expresións Artísticas e Teatro do Improvisto. Todas as actuacións terán lugar na Casa da Cultura de Lousame, ás 19:00 horas e serán de entrada libre e de balde.

Tastarabás, grupo municipal de teatro de Lousame, será o encargado de abrir a Mostra mañá sábado 7 de novembro. Representarán a obra “As tres Gracias”, unha comedia coa que os integrantes do grupo prometen moitas risas. A obra está escrita e dirixida por Gustavo G. Dieste e conta coa actuación de Suso Tubío, Cayetano Pais, Adriana Castro, Paula Moledo, Ángela Pérez, Noelia González, Marisol Creo, Ángeles Rial, Rosa Baña e Adriana Rodríguez.

Un día despois, o domingo 8 de novembro, Teatro Carauta porá en escena “Shakespeare Low Cost”, unha comedia que repasa os traballos máis coñecidos do dramaturgo inglés. Así, polo escenario lousamiano desfilarán coñecidas personaxes, en clave cómica, de obras como “Romeo e Xulieta”, “Hamlet”, “Macbeth” ou “O rei Lear”.

Para o vindeiro domingo 15 de novembro está programada a obra “Tacóns na corda”, de Verdeveras Expresións Artísticas. A XII Mostra de Teatro Afeccionado Concello de Lousame será pechada polos integrantes de Teatro do Improvisto, coa obra “Non gañamos para sustos”.

6 de novembro de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.