Sober abre o prazo de solicitude das becas de axuda ao transporte universitario
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, deu conta hoxe da apertura do prazo de solicitude das becas de axuda ao transporte universitario para os estudantes da localidade. Os interesados e interesadas poderán cursas as súas peticións ata o día 4 de decembro.
Os trámites poderán levarse a cabo nas oficinas municipais ou na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Sober. A documentación que se debe achegar é un certificado de matrícula na Universidade correspondente, o certificado de número de conta bancaria e o certificado de empadroamento.
Na actualidade máis de 20 alumnos e alumnas de Sober cursan estudos universitarios e poden optar as becas.