publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Salvaterra e Sogama presentan o programa “Fabrica e utiliza o teu compost”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra ven de adherirse ao programa “Fabrica e utiliza o teu compost” co que está traballando a Sociedade Galega do medio Ambiente, e no cal participan xa máis de 100 Concellos Galegos. 

Este programa vai dirixido ás familias que teñen unha vivenda unifamiliar con horta ou xardín, co fin de xestionar os seus propios residuos.  O compostaxe doméstico non é máis que o reciclaxe da materia orgánica en orixe, converténdoa nun abono natural con excelentes propiedades para o chan e que o propio produtor pode utilizar na súa horta, xardín e terras de cultivo, en substitución dos fertilizantes artificiais. 

O 50% da composición media do lixo está formada por restos orgánicos, con esta técnica, ademais de obter o compost estamos contribuíndo a reducir a produción de lixo. 

Agora mesmo buscamos 25 voluntarios para formar parte deste proxecto, a inscrición realizarase no Concello, ata o día 12 de decembro

 

17 de novembro de 2015 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.