publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Salvaterra acollerá dous obradoiros infantís de restauración

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra de Miño, a Deputación de Pontevedra e a Escola Superior  de Conservación e Restauracións de bens culturais de Galicia ofrecen dous Obradoiros Infantís de restauración dirixidos a nenos e nenas de 6 a 12 anos, o próximo sábado 12 de decembro na Casa de Cultura de Salvaterra de Miño. O primeiro será un Obradoiro de Escultura, dirixido aos nen@s de 6 a 9 anos, que comezará ás 10.30, cunha duración de 1.30h, o obxectivo deste obradoiro será reintegrar faltas en escultura e limpar esculturas de escaiola. De seguido comezará o Obradoiro de Arqueoloxía, ás 12.00h, tamén cunha duración de 1.30h, e está pensado para nen@s de 9 a 12 anos, que farán traballos de reconstrución de macetas e moldes de petróglifos de escaiola. Todos os interesados en participar deberán inscribirse no Concello de Salvaterra de Miño ( 986 658 082).

17 de novembro de 2015 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.