publicidade hoxe

Ribadumia acollerá unha xornada informativa sobre o Plan de Garantía Xuvenil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia acollerá o vindeiro martes 24 de novembro na Casa de Cultura de Ribadumia unha xornada informativa sobre o Plan de Garantía Xuvenil que organiza a Xunta de Galicia.

Nesta xornada, dirixida tanto a mozos desempregados como a empresas, varios orientadores laborais do Plan ACTÍVATE NON PARES! da Xunta de Galicia explicarán ós asistentes as vantaxes de formar parte deste plan. 

Para os mozos de idades comprendidas entre 16 e 29 anos, o plan ofrece o servizo de orientación e información laboral a través do asesoramento dos orientadores; así como a posibilidade de acceder a programas formativos ou a prácticas non laborais en empresas. O plan tamén inclúe asesoramento en materia de emprendemento á hora de crear un posto de traballo. 

Neste sentido, este programa non vai dirixido exclusivamente a desempregados, senón que as empresas tamén se ven beneficiadas con incentivos á hora de contratar de xeito indefinido ou con carácter temporal a mozos e mozas inscritos no Plan de Garantía Xuvenil.

Por todo iso, dende o Concello de Ribadumia invitamos tanto a mozos desempregados como a empresas a acudir a esta xornada informativa o vindeiro martes 24 de novembro, e recordamos que os asistentes poderán inscribirse no Plan de Garantía Xuvenil o mesmo día da xornada co seu DNI ou certificado dixital.

A inscrición para acudir á xornada é gratuíta e realízase nas oficinas do Concello de Ribadumia en horario de 08:00 a 15:00 ou no teléfono 986718491.

 

18 de novembro de 2015 | 20:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.