publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rey Varela mantivo xuntanzas de traballo cos alcaldes de Bande e Portomarín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBandePortomarín
A-
A+

A Consellería de Política Social insiste na súa liña de diálogo coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e acadar melloras que beneficien á totalidade da poboación. Neste sentido, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo dúas xuntanzas de traballo no día de hoxe co alcalde de Bande (Ourense), José Antonio Armada Pérez, e mais o alcalde de Portomarín (Lugo), Juan Carlos Serrano López.

Nas reunións que tiveron lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, os rexedores galegos abordaron a temática social de cadanseu concello e avanzaron, xunto ao titular de Política Social, novas vías de colaboración coa Xunta de Galicia para mellorar tanto as infraestruturas sociais como os servizos de atención aos cidadáns.

Sectores de poboación como a infancia, os maiores ou os máis necesitados foron algúns dos piares das conversas que mantiveron os responsables políticos que coincidiron na importancia da cooperación entre ambas institucións públicas para optimizar os recursos locais e autonómicos. En particular, Rey Varela e o alcalde de Portomarín avanzaron na realización dun convenio de colaboración para o vindeiro curso 2016-2017 para a creación dunha serie de apartamentos tutelados que beneficien a aquelas persoas en situación de dependencia. Pola súa banda, o rexedor de Bande trasladou ao responsable das políticas sociais da Xunta de Galicia a posibilidade de implementar novos servizos para potenciar o Centro de Día deste municipio ourensán.

30 de novembro de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.