publicidade hoxe

Rey Varela insiste no diálogo coas administracións para xuntar esforzos e acadar unha mellora da Política Social en Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoAs NevesLousame
A-
A+
Rey Varela na reunión co alcalde das Neves

Rey Varela na reunión co alcalde das Neves

A Consellería de Política Social insiste na súa liña de diálogo coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e acadar melloras que beneficien á totalidade da poboación. Neste sentido, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo tres xuntanzas de traballo no día de hoxe co alcalde de Abegondo (A Coruña), José Antonio Santiso Miramontes; a alcaldesa de Lousame (A Coruña), María Teresa Villaverde; e o alcalde de As Neves (Pontevedra), Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

Nas reunións que tiveron lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, os rexedores galegos abordaron a temática social relativa aos seus concellos e avanzaron, xunto ao titular de Política Social, posibles vías de colaboración coa Administración autonómica para mellorar tanto as infraestruturas como os servizos de atención aos cidadáns.

Deste xeito, a optimización dos recursos locais e autonómicos en materia de infancia foi un dos piares das conversas que mantiveron os responsables políticos. En particular, Rey Varela e o alcalde de Abegondo estudaron a conxunción de esforzos locais e autonómicos que frutifiquen nunha mellor xestión da Escola Infantil municipal do concello coruñés. A situación das Escolas Infantís de Lousame e das Neves, así como dos Centros de Día sitos nos municipios tamén foron outros puntos abordados nas xuntanzas.

6 de novembro de 2015 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.