publicidade hoxe

Rexístranse interferencias na recepción da televisión nalgúns lugares de Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

A posta en marcha do servizo 4G por parte dalgunhas compañías telefónicas está dando problemas en algunhas zonas do noso Concello (así nolo están facendo saber algúns veciños), e supoñemos que en moitas do resto de España, dado que a sinal do 4G interacciona coa sinal de TDT da televisión, dando lugar a unha mala recepción da sinal de televisión. Para solucionar isto é necesario colocar un filtro antes  do amplificador da antena da TDT, o cal ten que facer lóxicamente un instalador autorizado.

O Estado, para solucionar este problema, ten habilitado unha web informativa (www.llega800.es) e un teléfono ao que se poden dirixir tódolos afectados.  Pois ben, a través da páxina web ou do teléfono (900.833.999 – teléfono gratuito, activo de luns a sábado dende as 09:00 ás 22:00 horas) pódese xestionar o envío dun filtro totalmente gratuito ou ben que lle envíen un instalador á casa que lle colocará gratuitamente o filtro. Isto o ten que facer cada usuario individualmente, chamando ao teléfono antes citado.

5 de novembro de 2015 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.