publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Restablécese a circulación na OU-533 tras permanecer cortada unhas 13 horas por un choque en Viana do Bolo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosViana do Bolo
A-
A+
Europa Press

O tramo da estrada OU-533 cortado na tarde do xoves debido a un choque con tres camións implicados no municipio de Viana do Bolo (Ourense) quedou reaberto ao tráfico na madrugada deste venres tras case 13 horas pechado á circulación.

Segundo informou o 112 Galicia, o tramo da estrada que une as localidades de Viana do Bolo e A Gudiña, no punto quilométrico catro quedou aberto ao tráfico sobre as 4,00 horas.

A circulación fora interrompida a causa dun accidente no que se viron implicados tres camións. Debido ao impacto un dos condutores necesitou asistencia sanitaria por feridas de carácter leve.

Os tres camións levaban carga no momento de producirse o accidente: area, cemento e abono, que foi o que perdeu parte da carga que quedou esparexida pola estrada e obrigou a intervir persoal de limpeza e mantemento da vía.

O sinistro produciuse sobre as 15,30 horas do xoves, tras o que se puxo en marcha un operativo. A Guardia Civil de Tráfico indicou que quedaba habilitado un carril alternativo mentres se produciu o corte e sobre as 4,00 horas deste venres Tráfico confirmou ao CAE 112 Galicia que a circulación estaba totalmente restablecida.

13 de novembro de 2015 | 11:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.