publicidade hoxe

Remata o seminario gratuíto de Introdución á Eficiencia Enerxética celebrado no Fórum

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

O Fórum Carballo vén de acoller o acto de entrega de diplomas do seminario de Introdución á Eficiencia Enerxética promovido pola Concellaría de Promoción Económica que dirixe Xosé Regueira e que se estivo celebrando entre o 26 de outubro e o 6 de novembro nas instalacións do Fórum Carballo. Un total de 24 persoas de diferentes perfís académicos e profesionais puideron beneficiarse desta acción formativa gratuíta de 30 horas de duración e que supón a segunda edición do curso.

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, acompañado polo Concelleiro de Obras, Luís Lamas, foi o encargado de presidir o acto e de facer entrega dos certificados, desexándolle aos asistentes que aproveiten ao máximo os novos coñecementos adquiridos, nomeadamente para mellorar a súa situación laboral. Un total de cinco profesores especializados foron os encargados de impartir as sesións que trataron sobe o mercado enerxético, a eficiencia enerxética na industria, as enerxías renovables, a iluminación interior e exterior, os modelos das empresas de servizos enerxéticos, a consultaría enerxética, a normativa e regulación ou a rehabilitación e eficiencia na edificación.

Trátase dun curso dirixido tanto a demandantes de emprego como a persoas en activo que desexen explorar no campo da eficiencia enerxética aplicada a múltiples sectores como a edificación, iluminación, climatización, procesos industriais ou como modelos de negociado a través de innovadoras fórmulas de investimento.

6 de novembro de 2015 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.