publicidade hoxe

Preséntase en Tabeaio a comedia “Desencaixados”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

A compañía O Aturuxo de Melpómene toma a quenda no ciclo Teatro de Outono que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Carral para presentar a súa comedia “Desencaixados”.

A obra, que se mergulla con humor na crise pola que pasa actualmente a nosa sociedade, está dirixida por Pablo Sánchez (Pablísimo) e protagonizada por Juanín Ares Gondell, Iván González, María Veiga, Agustín Bolaños, Óscar Manso e Tere Rúa. Esta última conseguiu pola súa interpretación os premios á mellor actriz na 3ª Edición do Certame Nacional de Teatro Afeccionado de Guardo (Palencia) e na 11ª Mostra de Teatro Afeccionado de Sada.

A función comeza ás 20:00 h. no local Xente Nova de Tabeaio. A entrada é de balde.

19 de novembro de 2015 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.