publicidade hoxe

Pravio disporá dun paso de peóns e unha parada de autobús que mellorará a seguridade viaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+
Visita ás obras

Visita ás obras

Esta mesma semana comezaron as obras de renovación de redes de servizos e seguridade viaria na AC-214 á altura de Pravio, enmarcadas no  “PLAN DE AFORRO E INVESTIMENTO (PAI) 2015”. O proxecto ten por obxecto mellorar a Seguridade Viaria no tramo da estrada AC-214 -entre a os pp.kk. 4+100 a 4+430 e 6+100 a 6+270- executando unha senda segura, así como a recollida das augas pluviais que actualmente circulan pola cuneta existente. O alcalde, Óscar García Patiño, e o concelleiro de Urbanismo, Juan Leirós, visitaron as obras xunto a técnicos municipais.

Tamén se deseñou unha zona de aparcadoiro e unha parada de autobús, que dará resgardo aos escolares e veciños que usan a diario este transporte público nunha zona  que carecía  das medidas necesarias que garantan a súa seguridade viaria, debido á carencia de puntos de cruzamento peonil adecuado en devandito tramo da transitada AC-214. Segundo o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, trátase dunha actuación urxente posto que “a mellora da seguridade viaria nesta estrada é unha cuestión prioritaria”. O alcalde sempre avogou porque estas obras fosen executadas pola titular do viario, neste caso a Xunta, no entanto dado a urxencia das obras considerou aceptar que fosen as axudas provinciais as que sufragasen a actuación.

A actuación que se pretende é unha obra de seguridade viaria que implica a construción de dúas sendas seguras, unha zona de aparcadoiro, unha parada de bus, un paso de peóns e a renovación das redes de saneamento e pluviais. O seu trazado é paralelo ao da estrada AC-214, e faise necesario ocupar as cunetas da estrada AC-214 e terreos privados, e co fin de dotar dunha maior seguridade viaria, polo que foi preciso conseguir os terreos necesarios mediante cesión voluntaria, algo que o Concello agradece aos propietarios destas leiras que permitiron mellorar a seguridade viaria na zona.

Ademais, noutro mesmo tramo da AC-214 (entre os P.K.s 6+100 ao 6+270), procederase ao entubado de cuneta existente, e a realización doutra senda que continue o acceso peonil que enlaza co centro do municipio.

O paso de peóns sitúase sobre o PK 4+375, á altura do cruceiro de Pravio, modo que se inclúe a construción dunha senda peonil en aglomerado, de 30 m de lonxitude e 1,5 m de ancho pola marxe esquerda dando continuidade ao paso.

Implantaranse os correspondentes vaos peonís a ambos os dous lados do paso peonil. A execución deste paso peonil incluirá o pintado das correspondentes marcas viarias e a sinalización vertical para ambos os sentidos, 

18 de novembro de 2015 | 13:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.