publicidade hoxe

Ponte Caldelas abre o prazo para anotarse ás 71 prazas para o curso gratuíto de manipulador de alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Concello de Ponte Caldelas abre o prazo ata o 20 de novembro para inscribirse no curso gratuíto de manipulador de alimentos tal e como se comprometera o alcalde, Andrés Díaz, tras asinar o convenio con Orbe que posibilitará a contratación, o vindeiro ano, de máis de medio cento de operarias, con prioridade para as mulleres empadroadas neste municipio.

Este curso, totalmente gratuíto para os asistentes, conta cun total de 71 prazas e estará coordinado pola Axencia de Emprego e Desenrolo Local do Concello de Ponte Caldelas e será impartido no Centro Cultural. Os asistentes recibirán formación para unha futura inserción laboral nos sectores da hostalería e/ou da alimentación. O de Alimentación será o valorado pola conserveira  Orbe na selección de persoal; polo que co fin de garantir ao máximo a igualdade de oportunidades o alcalde e o equipo de goberno decidiron poñer á disposición, das persoas que así o precisen, este tipo de formación.

Os asistentes recibirán un diploma acreditativo da súa capacitación na rama correspondente: Alimentación ou/e Hostalería segundo o solicitado. Destacar que de cara á empresa Orbe o interesante é o da rama de Alimentación. 

Estes cursos de manipulador de alimentos son moi demandados polos traballadores en paro debido a que en épocas estacionais, como no Nadal, Semana Santa ou no verán os posuidores deste certificado teñen máis opcións de atopar un posto de traballo nos establecementos hostaleiros de Ponte Caldelas e a súa zona de influencia, de aí tamén a importancia da súa realización.

11 de novembro de 2015 | 13:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.