publicidade hoxe

Os veciños de Touro participaron na VII Feira da Castaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+
Magosto de Touro

Magosto de Touro

Os veciños e veciñas de Touro aproveitaron esta mañán a visita á ‘Feira do día 5’ en Fonte Díaz para participar no xa tradicional magosto que se celebra cada día 5 de novembro organizado polo Concello de Touro na VII Feira da Castaña. Centos de castañas asadas servíronse diante da sede do Concello de Touro dende a media mañán de hoxe. Pese a insistente choiva que non deixou de caer en Touro durante toda a xornada, ata alí acercáronse veciños e veciñas de todas as idades, que tamén poideron probar os postres típicos elaborados a base de castaña e outro froitos típicos deste época do outono. O magosto rematou a eso das 14.00 horas.

O Concello de Touro organiza todos os días 5 de novembro a Feira da Castaña. A ‘Feira do día 5’ é unha das concentracións comerciais máis populares da zona do Ulla. Todo tipo de comerciantes ofrecen os seus produtos nas rúas de Fonte Díaz. Tamén é tradicional, ademáis das castañas, probar el pulpo que ofrecen os postos das ‘pulpeiras’.

Pola súa banda, as XI Xornadas Micolóxicas tamén comenzaron hoxe en Touro. Serán ata o sábado, día 7. Hoxe celebrouse unha Xornada Micolóxica no CPI de Fonte Díaz. Tamén hoxe ás 15.55 horas o experto Miguel Ángel Tembra, falará no colexio sobre ‘Conservación e deshidratacón de cogumelos’. Mañán venres 6 de novembro será o turno do experto Jaime Blanco, quen falará a partir das 17.00 horas de cales son os ‘Principais cogumelos comestibles e venenosos da zona’.

O sábado 7 de novembro está previsto un Roteiro Micolóxico para a recollida de cogumelos e fungos. Será a partir das 10.00 horas. E a partir das 16.00 horas procederase á clasificación dos cogumelos recollidos no monte. Dende hoxe e ata o sábado poderán degustarse as tapas elaboradas a base de castañas e cogumelos nos establecementos hosteleiros do Concello de Touro.

5 de novembro de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.