publicidade hoxe

Os veciños da Lama visitan o Museo de Pontevedra dentro do programa municipal cultural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Lama
A-
A+
Visita dos veciños da Lama ao Museo de Pontevedra

Visita dos veciños da Lama ao Museo de Pontevedra

Un grupo de veciños da Lama acudiu ao Museo de Pontevedra para gozar dunha visita guiada pola mostra permanente do edificio e a exposición ‘Senso Sublime’, do artista pontevedrés Sergio Portela. A viaxe, impulsado desde o Concello, forma parte do programa ‘A Lama Cultural’ que xestiona a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

Na visita, os asistentes puideron gozar das distintas seccións que forman a exposición permanente do Sexto Edificio e da súa correspondente explicación por parte dunha guía do Museo. Os veciños e veciñas lamenses puideron contemplar, entre outras, as espectaculares pezas que forman a colección dedicada á Prehistoria e Idade Antiga, algunhas delas atopadas na Lama. Tamén resulto de interese as pezas especiais da sección de ‘Ourivaría Antiga’ ou a colección de cerámica da Real Fábrica de Sargadelos, na que se atoparon espectaculares pezas da histórica empresa galega.

Ademais do percorrido pola mostra permanente do Museo Provincial, os asistentes tamén tiveron oportunidade de achegarse á exposición ‘Senso Sublime’, do artista pontevedrés Sergio Portela, onde gozaron das súas pinturas, esculturas, fotografías e maquetas que puxeron o broche de ouro a unha xornada cultural e didáctica.

Con esta e outras iniciativas enmarcadas dentro do programa ‘A Lama Cultural’,  o Concello e a OMIX buscan entre outras cousas fomentar as visitas culturais e facelas accesibles na medida do posible aos seus veciños.

6 de novembro de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.