publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os socialistas de Rairiz critican os malabarismos do alcalde para non dimitir

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRairiz de Veiga
A-
A+
Europa Press

O voceiro do PSOE en Rairiz de Veiga, Pablo Lorenzo, criticou que ao rexedor da localidade ourensana, Xaquín Rodríguez Ambrosio, recorrese a “malabarismos” para evitar dimitir durante o seu proceso e subliñou que agora “se lle remataron as escusas”.

A Audiencia Provincial de Ourense ratificou a condena de oito anos e seis meses de inhabilitación especial para emprego ou cargo público para o alcalde de Rodríguez Ambrosio por un delito continuado de prevaricación administrativa.

O fallo da Audiencia de Ourense do 19 de novembro e que é firme, rexeita o recurso de apelación presentado pola defensa de Rodríguez Ambrosio, ao que se adheriu o Ministerio Fiscal, e acorda a “íntegra confirmación da resolución impugnada”.

Nun comunicado no que se pronuncia sobre este fallo, o voceiro local do PSOE sinala que o rexedor utilizou “tódalas artimañas políticas posibles” para non ter que dar conta” no pleno da súa situación, como por exemplo “non convocar plenos ordinarios”, de forma que a oposición non puidese levar mocións nin realizar o labor de “fiscalización” que lle correspondía.

“Acostumado a montar actos circenses políticos como chegar 20 minutos tarde á súa investidura como alcalde, fixo todos os malabarismos posibles para manterse no sillón e aprazar ao máximo a súa marcha da Alcaldía”, engadiu, para concluír que agora “se lle remataron as escusas”.

20 de novembro de 2015 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.