publicidade hoxe

O Quinteto de Vento Dacap actúa en Sober para conmemorar Santa Cecilia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade organizaron un concerto para o domingo co que conmemorar Santa Cecilia. Os encargados da actuación serán o quinteto de vento DACAP, que actuarán ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober.

Os cinco músicos interpretarán Vientos del este, unha viaxe espazo-temporal da visión que os diferentes compositores teñen da súa terra plasmada na partitura. As paradas do grupo serán en Hungría, Lituania e Rusia a través de diferentes compositores.

Sober celebra Santa Cecilia

Ademais do concerto, o sábado 21 de novembro a celebración comezará cunha actuación da Banda Xuvenil da Escola ás 11:00 horas no Centro Sociocultural. De seguido actuará o coro da Escola e ás 11:30 horas será a quenda da xincana musical. Ás 13:30 horas haberá un xantar para todos os participantes.

O domingo día 22 de novembro haberá misa ás 11:30 horas na Igrexa Nova de Sober na honra dos músicos e músicas falecidos.

Coincidindo con esta celebración e tras o concerto de vento, o Concello de Sober fará entrega dos premios do concurso de fotografía da vendima que se levou a cabo a través do Facebook e no que participaron máis de cen persoas. O gañador de cada unha das categorías será obsequiado cunha cea no Restaurante Merenzao, de Cadeiras, o segundo galardoado levará un lote de botellas de viño de Amandi e o terceiro unha peza de olería de Gundivós. 

Compoñentes de DACAP:

Daniel Ortuño Gelardo: Fagot

Anna Ferriol de Ciurana: Trompa

Carlos Gay Fernández: Clarinete

Alejandro Ortuño Gelardo: Flauta

Pau Roca Carreras: Oboe

O repertorio do concerto será o seguinte:

Quinteto número 1…………….Endre Szervánszky (20’)

I. Adagio-Allegro Moderato.

II. Allegro Scherzoso-Trio-Meno mosso

III. Adagio

IV. Allegro Vivace 

Aus litauen op. 23…………………Max Laurischkus (18′)

I. Von Land und Leuten

II. Abendstimmung

III. Daina (Litauisches Volkslied)

IV. Dorfserenade

V. Metturgis (Kirmes)

PAUSA (10’) 

Cuadros de unha exposición……….M.Mussorgsky (33’)

I.      Promenade

Gnomo

II.     Promenade

O vello Castelo

III.    Promenade

Tullerías

Bydlo

IV.     Promenade

Baile dos poliños no seu cascarón

Samuel Goldenberg e Schmuÿle

O Mercado de Limoges

Catacumbas

A cabaña sobre patas de pita (Baba Yaga)

A gran porta de Kiev

19 de novembro de 2015 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.