publicidade hoxe

O pleno do luns aprobará os festivos locais e sorteará as mesas electorais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

A Comisión informativa reunirase esta tarde para informar sobre os puntos que compoñen a orde do día do pleno extraordinario que se celebrará o luns, 23 de novembro ás 9.00 horas no Salón de Plenos do Concello. Este pleno xa estaba previsto por mor de cumprir a obriga de realizar o sorte das mesas electorais das vindeiras eleccións xerais de decembro. Deste xeito, e para evitar gastos adicionais, aprovéitase esta convocatoria obrigada para incluir outro punto que conta con urxencia.

Trátase da aprobación dos Festivos Locais para o ano 2016, que ten que ser tratado no pleno logo dunha reclamación do Partido Galeguista Demócrata que supón cambiar o sistema que sí foi válido a lo menos durante os oito anos anteriores. O grupo de goberno manterá a súa proposta, remitida en tempo e forma á Xunta de Galicia, relativa as dúas festividades locais: a Festa do Carmen e o Mércores de entroido. 

18 de novembro de 2015 | 12:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.