publicidade hoxe

O Museo do Marco de Vigo acollerá a presentación das XIII Xornadas da Centola

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO GroveVigo
A-
A+

O programa das Xornadas da Centola comeza a súa difusión logo de pechar o listado de colaboradores que participarán nas mesmas. As actividades comezan este venres, 20 de novembro, cando ás 13.00 horas se realizará unha presentación aos medios de comunicación e a sectores relacionados. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silvia, e o Alcalde de Vigo, Abel Caballero serán os padriños de excepción deste evento.

A partires do sábado darán comezo, polo tanto, as actividades propias das Xornadas que teñen como obxectivo promocionar ao Rei do Marisco. Nesta ocasión, mantéñense as actividades das edicións anteriores: Concurso de centola Viva e a poxa das centolas gañadoras, ademais do recoñecemento á traxectoria de mariñeiros xubilados, pero tamén se engaden outras iniciativas como un festival de música, cantos de taberna, actividades infantís ou un maratón fotográfico… Durante os días laborais haberá visitas guiadas ao porto e a lonxa do Grove para coñecer as artes de pesca e poxas da Centola, os interesados deberán apuntarse na Oficina de Turismo (oftur@concellodogrove.es ou 986 73 14 15).

Debe subliñarse a importante colaboración da Confraría de Pescadores neste evento o que permitirá, sen dúbida, unha boa promoción para a centola do Grove como produto de calidade. 

XIII XORNADAS GASTRONÓMICAS DE EXALTACIÓN DA CENTOLA DO GROVE 

21 de novembro

13.00 horas.Inauguración das Xornadas da Centola na Sala das Cunchas da Casa do Concello do Grove.

26 de novembro

17.00 horas. Concurso de Centola Viva. Na Lonxa de Contratación do Grove.

27 de novembro de 2015

12.00 horas.Poxa das Centolas gañadoras do Concurso de Centola Viva. Na Praza da Abastos do  Grove.

28 de novembro

10:30 horas.  Concentración de cofrades e entidades gastronómicas na praza do Corgo. A continuación recepción ás confradías na Casa do Concello. Desfile das cofradías participantes ata a Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey e celebración solemne do XXIII Capítulo da Cofradía do Centolo Larpeiro. 

29 de novembro

Cantos de Taberna Centoleira. Nos establecementos colaboradores ás horas centrais do día.

4 de decembro

22.00 horas. Concurso Centolo Rock 2015.

5 de decembro

18.30 horas. Concurso aberto de cociña creativa “Picoteo de Centola”. Planta baixa da Casa do Concello. 

6 de decembro

Cantos de Taberna Centoleira. Nos establecementos colaboradores ás horas centrais do día.

Maratón Centolográfico.

7 de decembro.

Centolo Park, actividades infantís.

8 de decembro.

12. 00 horas. Acto de entrega dos premios dos concursos de Centola e recoñecemento á traxectoria de dous mariñeiros xubilados do Grove.

18 de novembro de 2015 | 12:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.