publicidade hoxe

O ISSGA organiza unha xornada sobre riscos laborais no sector vitivinícola de Rías Baixas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+

O ISSGA (Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral organiza mañá xoves, 12 de novembro, unha Xornada Sobre Riscos Laborais no sector vitivinícola de RíasBaixa s. Devandito acto terá lugar no Auditorio de Cambados desde as 19,30 h. ás 21,15 h. A presentación destas xornadas correrán a cargo do presidente da D.O. Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, do subdirector xeral técnico e de planificación do ISSGA, Fernando González Abeijón.

Seguidamente o técnico do ISSGA, Héctor González, tratará os Riscos da Seguridade e a utilización dos equipos de traballo; a súa compañeira a técnica, Estrella Cancio, falaralles sobre os Riscos do Medio Ambiente de Traballo , o uso seguro das sustancias e mesturas e a manipulación das cargas. O coloquio e o peche desta xornada correrá a cargo do xefe técnico do centro ISSGA de Ourense, Ángel López.

Esta iniciativa enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural e sostible Rural.es. O sector vitícola galego, e o de Rías Baixas en particular, é unha base do sector primario galego non só no económico, senón que tamén forma parte da nosa identidade. Desde hai anos o ISSGA traballa na elaboración de publicacións dirixidas ás persoas que potencialmente están suxeitas a riscos derivados das súas actividades ligadas ao sector primario. No documento Os Actúa do ISSGA_Prevención de riscos en adegas recóllense os principais riscos e as medidas preventivas asociadas aos traballos das adegas, comprende desde a entrada da uva nas adegas até a saída do viño, así como os riscos do ambiente de traballo, o uso de sustancias e mesturas, así como a manipulación das cargas. En Actúa do ISSGA_Prevención de riscos en viñas inclúense os riscos máis habituais nas tarefas realizadas nas viñas, desde a preparación do terreo aos tratamentos das cepas e que terminará nunha fase posterior cos riscos relativos á vendima.

11 de novembro de 2015 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.