publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O incendio dun camión na Gudiña causa dificultades na circulación na A-52

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GudiñaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O incendio dun tráiler provocou na madrugada deste luns dificultades de circulación nun tramo da autovía A-52 ao seu paso polo termo municipal da Gudiña (Ourense). Segundo informou o 112 Galicia, o incidente sucedeu sobre as 5,45 horas no quilómetro 124 da a-52 dirección Benavente. Foron varios os alertantes que avisaron ao servizo de emerxencias, entre eles o condutor do camión afectado.

De feito, o camioneiro, que transportaba pezas de coches, indicou que o lume afectaba á cabeza tractora do camión, pero cando chegaron os servizos de emerxencia comprobaron que ardía o vehículo por completo.

Efectivos do GES e tamén de Protección Civil da Gudiña e da Guardia Civil foron mobilizados no operativo posto en marcha por o CAE 112 Galicia.

Tamén foi informado persoal de mantemento do Ministerio de Fomento e do servizo provincial de incendios ante o temor de que o lume se estendese a zona forestal, segundo precisaron as mesmas fontes.

9 de novembro de 2015 | 10:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.