publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Grove celebra a primeira reunión de traballo do PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+
Reunión do PXOM

Reunión do PXOM

Segundo o plantexado polo equipo de goberno nas reunións veciñais tanto da campaña electoral como nas mantidas durante estes primeiros meses, este martes comezou a rolda de reunións e contactos para a elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Recollendo a petición dos veciños e veciñas, dende a chegada ao goberno traballouse para poder acadar un borrador que comezará a ser debatido a partir de hoxe mesmo.

O procedemento marcado para o traballo realizado supón elaborar un replantexamento total do documento aprobado inicialmente para facelo viable urbanisticamente e para a súa aprobación, pero sempre dende a perspectiva da opinión dos veciños e veciñas. Deste xeito, procedeuse a revisión das 4.002 alegacións presentadas e clasificáronse as mesmas en función das áreas as que se refererían. A continuación tomouse como referencia o documento aprobado inicialmente e aplicáronse os cambios plantexados polos veciños e veciñas nas alegacións, dando lugar a novos planos 

Na reunión de voceiros mantida onte expuxéronse os planos resultantes en oitozonas concretas dos núcleos de expansión urbana. Dentro delas o traballo centrouse nos viais e rotondas, onde os veciños solicitaron (nas alegacións) maioritariamentea súa redución ou eliminación. Os membros da oposición poideron realizar preguntas sobre os planos resultantes nunha reunión que tivo carácter exclusivamente técnico. 

De acordo co compromiso establecido coa veciñanza, logo de informar aos grupos políticos, nos próximos días organizarase a correspondente reunión aberta para poñer a disposición do público estos primeiros borradores. 

Núcleos costeiros 

Na reunión tamén se informou aos membros da oposición de que dende o Concello téñense dado instruccións para plantexar un contencioso administrativo contra a resolución que denogou o recoñecemento da totalidade nos núcleos costeiros plantexados para O Grove. Trátase dun proceso complexo, pero vanse tentar esgotar tódalas vías para contar cunha resolución positiva. 

18 de novembro de 2015 | 12:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.