publicidade hoxe

O DOG publica a aprobación do traspaso dun resto da estrada AC-116 ao Concello de Valdoviño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaValdoviño
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a aprobación do traspaso ao Concello de Valdoviño dun resto da estrada AC-116, entre Catabois e Valdoviño, e elementos auxiliares da vía Narón-Campo do Hospital. Este cambio de titularidade foi aprobado recentemente polo Consello da Xunta.

O treito da AC-166 é un resto situado na marxe dereita, arredor do punto quilométrico 12+330, sito na glorieta dos Robles; e en referencia á AC-566, son elementos auxiliares da estrada, situados entre os p.q. 10+750 e 12+020, relativos a zonas de estacionamento, paradas de bus, beiravías e beirarrúas, así como a franxa de terreo que hai entre o bordo exterior das beirarrúas e a liña de expropiación, é dicir, no límite do dominio público.

Con este procedemento, o Concello de Valdoviño poderá actuar sobre estas vías que pasan a ser de titularidade municipal, de modo acorde coas súas características urbanas, e xa non serán de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas, como por exemplo as limitacións de usos ou actividades nas súas marxes ou os accesos, e reducirá as cargas administrativas sobre os cidadáns dos núcleos por que discorre.

O cambio tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece que deberá ser aprobado por decreto da Xunta, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG), mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

13 de novembro de 2015 | 11:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.