publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello do Grove realiza unha rolda de contactos centradas en infraestruturas e urbanismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O Concello do Grove recompilou unha serie de demandas relativas ás infraestruturas de titularidade autonómica que foron plasmadas nun informe que foi presentado na Axencia Galega de Infraestruturas nunha reunión que tivo lugar na mañá de onte, mércores. Dun xeito máis concreto, plantexáronse cuestións relativas a iluminación do tómbolo da Lanzada, a reparación do firme da rotonda e o mantemento das zonas verdes. Tamén se incidiu na mellora do mantemento da estrada en dirección a San Vicente do Mar.

Sobre a mesa estivo tamén un tema complexo: o relativo a Rúa Luis A. Mestre que segue dependendo da Xunta de Galicia. A este respecto o Concello plantexou unha premisa clara no referido en que a rúa só podería ser recepcionada logo de acometer as melloras de servizos que require, xa que de outro xeito serían as arcas municipais as que terían que acometer a totalidade do custo.

Ante estas propostas, a única resposta positiva foi a relativa a revisar o firme das rotondas da Lanzada e da orde de reparar e mellorar a seguridade das mesmas mellorando a súa visibilidade, propoñendo que o Concello (se medio ambiente o permite) coloque iluminación nas mesmas. Non se aceptan as propostas no relativo a esta zona e ofreceuse a recepción da estrada a San Vicente e Luis A. Mestre na situación actual. 

Urbanismo

Posteriormente mantívose unha reunión coa Secretaria Xeral de Urbanismo onde o tema principal foi o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Dende a Secretaria de Urbanismo manifestouse unha colaboración total para aprobar o documento, considerando esta como unha vía fundamental para solventar moitos do problemas urbanísticos do Concello. 

No relativo os núcleos costeiros, informouse da presentación dun recurso contencioso administrativo pola totalidade dos núcleos denegados. Segundo as consideracións desta secretaria o problema na meirande parte dos casos estivo nunha incorrecta argumentación no seu plantexamento o que fai prever unha difícil solución. 

19 de novembro de 2015 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.