publicidade hoxe

O Concello de Oroso solucionou as avarías no alumeado público de Baiuca e O Empalme o mesmo día no que se notificaron

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O Concello de Oroso xa solucionou as avarías producidas no alumeado público de Baiuca e O Empalme, sobre as que interveu o mesmo día en que foron notificadas. O concelleiro de Obras, Eduardo Veiras, asegura que “o voceiro do PP minte descaradamente cando fala de descoordinación entre o Concello e a empresa concesionaria, como demostra o feito de que se actuou en ambos casos no mesmo día no que se notificaron”.

A avaría na Baiuca foi comunicada o domingo pola mañá e quedou resolta esa mesma xornada. No caso do Empalme, a notificación chegou o luns pola tarde, momento no que xa se fixo unha primeira actuación de urxencia pero o problema volveuse reproducir pasadas tres horas. O martes optouse por apagar parte do alumeado público para tratar de dar co problema, que resultou ser un diferencial que saltaba a determinada potencia. Na mañá de onte mércores instalouse un segundo diferencial e a empresa concesionaria estivopendente durante a noite para comprobar que a incidencia quedaba definitivamente resolta.

Eduardo Veiras sinala que “os feitos demostran a boa coordinación que existe entre o Concello e a empresa concesionaria, xa que resolvemos as incidencias que se producen no municipio incluso dous días antes de que ao señor Doval lle dea tempo a denuncialo na prensa, como no caso da Baiuca”. Neste sentido, o concelleiro de Obras asegura que “por moito que lle pese ao señor Doval e por moito que intente enganar á xente sobre o día a día de Oroso, os veciños saben ben que o Concello sempre responde e resolve os problemas que se lle comunican no menor tempo posible”. 

19 de novembro de 2015 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.