publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Curtis advirte a unha empresa madeireira polos danos causados nunha pista de Fisteus

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

O Concello de Curtis enviou unha notificación a unha empresa madeireira na que lle reclama unha fianza de 2.000 euros para facer fronte aos danos causados na pista de Cheira a Fisteus, de titularidade municipal, durante os traballos de tala de árbores. Segundo o informe elaborado polos servizos técnicos municipais, detectáronse danos no bordo da calzada, ademais de zonas embarradas pola maquinaria.

O Goberno local lémbralle á empresa que as vías públicas non poden ser utilizadas como lugar de abasto senón só como zona de carga, e que despois dos traballos, estas deben quedar en perfecto estado de limpeza e uso. No caso de que isto non ocorra, o concello utilizará parte ou todo o importe da fianza para proceder ás reparacións oportunas.

No Plan Xeral de Ordenación Municipal, o Concello recolle a obrigación de notificar da tala de árbores e a rede viaria por onde se retirará a madeira co obxecto de evitar ou minimizar as molestias aos veciños e de responsabilizarse dos posibles danos que se causen. A non comunicación constitúe unha infracción e pode ser obxecto de sanción. 

10 de novembro de 2015 | 12:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.